sobre o derribo da fábrica de lápices Hispania en Ferrol

A delegación do COAG Ferrol liderou, xunto con colectivos veciñais a defensa do patrimonio industrial que representa a fábrica de lápices de Ferrol, Hispania, a cal, tras ser incluida dentro do BIC de Ferrol Vello, esta semán foi demolida parcialmente no constructivo e case completamente no simbólico.

Moitas irregularidades urbanísticas figuran ó redor de todo o expediente da fábrica, onte tivemos ocasión -como invitados- de compartir con moitas das personas implicadas no intento de indulto a tristeza da perda patrimonial e a enerxía da reivindicación urbanística que ainda está en xogo.

Fumos invitados a compartir a experiencia viguesa da Panificadora a asociación Outro Vigo é Posible -coa voz de Marga Mariño e Débora Ramonde- e máis a min, como arquitecta colaboradora nas accións deste colectivo e como autora -xunto con Rai Calviño- dunha catalogación de patrimonio industrial realizada a partir dunha beca promovida polo colexio de arquitectos de Vigo.

adxunto link para escoitar a intervención en ferrol por cortesía de Xoán Porto:

Comparto con vos a documentación sobre patrimonio industrial de Vigo e zona de influencia, documento realizado no ano, investigación que ven durando dende o ano 2006.

00.a INDyARQ_1-393_low

Deixar un comentario